11 De Marzo 2017- V Xornadas de Inclusión Educativa

diptico_foanpas_exteriordiptico_interior_artefinalo

FOANPAS, a través da súa Comisión NEAE, organiza as «V Xornadas de Inclusión Educativa» de FOANPAS o vindeiro sábado 11 de marzo no Centro Cultural de Matamá, sito en r/ dos Canteiros 53 – Matamá (Vigo). Esta dará comezo ás 9:15 horas da mañá ata as 19:30 horas da tarde.

Son unhas xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público nas que intervirán profesionais dos eidos da educación e da inclusión que tratarán aspectos relacionados coa diversidade funcional e coa educación inclusiva: subvencións e trámites para as familias, diversidade, educación, transformación social, experiencias en primeira persoa e a colaboración entre escola e familia.

Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou vía correo electrónico: foanpas@foanpas.com antes do vindeiro 9 de marzo (con comida) e ata o 10 de marzo (sen comida).

Se queredes comer con nós tedes que anotarvos cando vos inscribades. A comida é no mesmo Centro Cultural de Matamá e o custe é de 8,50€ os/as adultos e 6€ os/as nenos/as menores de 12 anos.

Contaremos tamén con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos (previa inscrición) e se hai un mínimo de nenos/as anotados/as. Tamén haberá intérprete en lingua de signos por AZ Lingua de Signos.

 

Deja un comentario